Pequena colleita

A nosa primeira sementeira non tuvo moito éxito, non tuvemos moito tempo nin para arrincar as mínimas herbas así que a primeira colleita…por dicir algo, foi ben pequena , eso sí, suficiente para animarse a plantar as hortalizas de verán; algúns dirán que xa é tarde pero como este tempo tolo que temos nos tivo a remollo os meses de primavera pois nós imos probar a sementar algo, a ver que pasa. Déixovos unhas fotos das primeiras acelgas ecolóxicas que comemos onte, que non sei por qué será pero soubéronos a gloria.

Simplemente cortei unhas patacas en dados pequenos, cocinas , fixen unhas setas tipo ostra na plancha e despois refoguei todo cun alliño e as acelgas, unha cousa sinxela para poder saborear ben a hortaliza.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.