Este finde fumos ver as nosas plantiñas e a plantar as patacas dunha maneira un pouco innovadora que xa vos contaremos no seu momento. A verdade e que o pobre sementeiro estuvo un pouco solo pero aínda así xa nos dou algunhas alegrías, virades algunha vez as primeira follas dun calabacín?
e das coliflores?
eu confeso que non ; máis familiares me foron os chícharos
e as fresas
e como non as chusquiñas acelgas
, parece mentira que cheguen a medrar tanto ( toco madeira ). O seguinte paso agora é transplantar as plantiñas á horta definitiva…ufff!!
Levaba todo o día ameazando con chover así que despois da visita ás pequerrechas decidimos plantar uns castiñeiros que xa lles era hora demáis, levaban case dúas semanas esperando nun caldeiro con terra, conseguimos plantalos todos, a ver se prenden que José de Suarez díxonos que xa era un pouco tarde para plantalos. Aquí os tedes:
E como non pouco despois chegou o esperado :