Pequena colleita

A nosa primeira sementeira non tuvo moito éxito, non tuvemos moito tempo nin para arrincar as mínimas herbas así que a primeira colleita…por dicir algo, foi ben pequena , eso sí, suficiente para animarse a plantar as hortalizas de verán; algúns dirán que xa é tarde pero como este tempo tolo que temos nos tivo a remollo os meses de primavera pois nós imos probar a sementar algo, a ver que pasa. Déixovos unhas fotos das primeiras acelgas ecolóxicas que comemos onte, que non sei por qué será pero soubéronos a gloria.

Simplemente cortei unhas patacas en dados pequenos, cocinas , fixen unhas setas tipo ostra na plancha e despois refoguei todo cun alliño e as acelgas, unha cousa sinxela para poder saborear ben a hortaliza.

XA EMPEZA A VERSE ALGO…!!

Este finde fumos ver as nosas plantiñas e a plantar as patacas dunha maneira un pouco innovadora que xa vos contaremos no seu momento. A verdade e que o pobre sementeiro estuvo un pouco solo pero aínda así xa nos dou algunhas alegrías, virades algunha vez as primeira follas dun calabacín?   calabacin.jpg e das coliflores? coliflores.jpg eu confeso que non ; máis familiares me foron os chícharos chicharos.jpg  e as fresas fresinas.jpg e como non as chusquiñas acelgas acelgas.jpg, parece mentira que cheguen a medrar tanto ( toco madeira ).  O seguinte paso agora é transplantar as plantiñas á horta definitiva…ufff!!

Levaba todo o día ameazando con chover así que despois da visita ás pequerrechas decidimos plantar uns castiñeiros que xa lles era hora demáis, levaban case dúas semanas esperando nun caldeiro con terra, conseguimos plantalos todos, a ver se prenden que José de Suarez díxonos que xa era un pouco tarde para plantalos. Aquí os tedes:

castanos-pequenos.jpg raices-dos-castanos.jpg

E como non pouco despois chegou o esperado :

que-chove.jpg

Achegándonos…

Hola a todos!! estamos contentos de estar por fin aquí, na rede, do outro lado… :-)   ben que nos custou…

A alma dun blog e ter algo que contar ¿ non ?, bueno, pois nos queremos compartir os albores da nosa experiencia coa agricultura ecolóxica, bueno, coa agricultura en xeral porque aínda que medramos entre fincas sabemos ben pouco de sementes, terra, colleitas, apeiros…pero esperamos aprender e como non recoller froitos, raíces e follas.

Como un primeiro e fecundo achegamento  temos que contar a nosa visita  a As Anzas, na parroquia de Cubelas ( Ribadeo); alí Elia e Vicente, pioneiros en Galicia do ecolóxico,  recibíronnos na súa fermosa e arrecendora horta e ensináronnos o que para nós eran auténticos e valiosos segredos : o tempero da terra, o  abono verde, o arado catalán, as rotacións dos cultivos, a fauna útil, a maxia das feiras… A pena foi que non puidemos estar moito tempo pero hemos volver pronto porque ademáis  da súa necesaria sabedoría regaláronnos unha encantadora mañá.Moitísimas gracias!!!   

                                                    casetina-para-os-apeiros.jpg sementeiro.jpg cenorias.jpg unha-das-leiras.jpg